ESTE VENRES 20210205 NON HABERÁ TITORÍA PRESENCIAL DE STEM BACH

 Hola, mañá venres non haberá titoría presencial do grupo de STEM Bach.  Infórmovos de algúns cambios  e as dudas que teñades ao respecto podedes plantexalas directamente ao correo electrónico adxunto neste blogue. 

- Nos traballos de tecnoloxía / informática con arduino temos que replantexar os parámetros a medir. Máis abordables. Un deles vai usar medida e rectificador (polo que teremos que simplificar medida e actuación: cambiaremos KH por Conductividade ou Salinidade e rectificación por electroválvula conectada ao sistema de osmose ou equivalente// Respecto ao que simplemente é monitorización, utilizaremos dous ou tres parámetros sinxelos para levar rexistro, seguramente Tª e pH). 

Ana Toubes (pendiente de asignar dúas liñas de orientación farmacolóxica/estética: Cuantificación de Enfleurage ou Obtención de Alcaloide - neste segundo caso implica utilización de solventes orgánicos para extraccións, disolucions, precipitacións e recristalizacións -).

- O traballo de productividade primaria a partir de beta carotenos e clorofilas, implicará tamén un gradiente de luz en varios  acuarios de corais. 

- O traballo de modelización de cambio climátio con temperatura, también implica varos acuarios. 

- O traballo de estudo ecolóxico de rios urbanos, implicará dúas metodoloxías distintas, para obter conclusións similares. Este é un traballo que vai contar con estudos feitos xa fai 20 anos, co que introduciremos a perspectiva do tempo. Son os traballos de Julia e Carla. 

- Xa hai titores para cada linea de proxecto excepto os de Química e Farmacoloxía (ao longo da vindeira semana espero por os contactos para que vos presentedes debidamente a cada titor e empezar coa redacción ou croquis do proxecto, previo ao desenvolvemento do traballo). 

Si tendes algunha dubida, escribídeme un correo  ou utilizade teléfono (solo wasap). Eu, de todolos xeitos, estarei tamén dispoñible para vos no instituto  dende as 8:30 ate 11:30 por si alguén prefiere pasar a falar conmigo en persoa. 

Sen máis, un cordial saúdo. Juan L. Neira. Titoría e coordinación STEM BACH. Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Las preguntas que me hicisteis sobre los taludes y plataformas continentales

Fósiles guía

Datación relativa