Hola a todos, na etiqueta (libellée) que pon STEM BACH, teredes información periódica sobre asuntos, liñas de traballo, recomendación, datas de conferencias, viaxes, cursiños, etc... que serán de interés para todos vos. Todos nos enbarcamos nesta aventura científica en común na que aprenderemos, vos e eu, e que redundará moi positivamente na vosa empregabilidade futura, capitalizándovos en coñecemento e tamén divertindovos. Non existe recompensa sin esforzo e sin traballo, pero estou convencido que este esforzo xa leva implícita a recompensa de ter, ao final destes dous anos, unha visión renovada do noso planeta e do seu funcionamento e unha perspectiva máis lúdica da ciencia e das sús aplicacións para o desenvolvemento e progreso sostible da nosa sociedade. Como xa vos dixen na introducción do venres 20200902, imos aprender moito a partir de algo tan aparentemente sinxelo como os acuarios tropicais. Aprenderemos de Bioecoloxía, Zootecnia, Química, Física, Matemá...