Prácticas 2º ESO


Nunha folla de cálculo (p.ex. a de OpenOffice, Excel, etc...) facede (sempre seguindo as especificacións que demos na clase) unha táboa onde se indiquen vexetais (1350 Tm), Herbívoros (80 Tm) e Carnívoros (10 Tm). Póndelle o título e subtitulo ao grafico de sectores que obteñades a partires destes datos. Noutra folla facede unha táboa de conversión de enerxía (de Calorías a Julios, utilizade a información do libro de texto e o que demos na práctica; facede 20 filas de entrada de datos); Facede outra gráfica onde se amose a evolución dunha serie de poboacións (por exemplo Zanahorias, Coellos e Raposos; os valores teóricos do número de indivíduos deixoo a vosa imaxinación; buscade que os datos sexan verosimiles e quero a lo menos 15 entradas de valores para cada poboación).  Esta práctica entra na terceira avaliación e será a última que fagamos de ecoloxía (lembrade que vos pido dous gráficos e unha táboa de conversións Calorías a Julios). 
Cando gardedes o exemplo facédeo en formato Excel, para que todos podamos ver o voso exemplo.

Comentarios

  1. David Fernández Ferreiro 2ºB
    Como se puña o de (Tm) ao lado de vexetais, herbívoros e carnívoros?¿.
    Neste primeiro folio e solo por o numero de individuos e o grafico verdade?
    Depois nos outros calcular xa.

    ResponderEliminar
  2. David Fernandez Ferreiro 2ºB
    xa o din feito o que che preguntaba no anterior comentario.
    -na folla 2
    aique por unha definicion de caloria e despois Julios-Calorias Calorias-Julios
    pero nn recordo que habia que facer o pinchar sobre eles escribir (1=o,24 julios) ou algo asi per depois ponme FALSO..
    Se me poideras dicir que ai que facer..

    ResponderEliminar
  3. Hola David; é moi doado, para por unha fórmula so tes que facer referencia á celda na que vas por o dato, unha vez que poñas o signo igual; por exemplo para pasar o dato que entras na celda b2 (por exemplo en julios) a calorías na celda C2, terías que por na propia celda C2 o seguinte: =b2*0,24 (e logo darlle a intro). Así, deste xeito, cando na celda b2 por exemplo metas o valor en xulios (por exemplo 10), na celda c2, automáticamente amosaráchese o valor 2,4.

    ResponderEliminar
  4. grazas xa me saliu aora solo me queda a ultima.

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  6. Non consigo colocar os datos no gráfico, cómo se facía?

    ResponderEliminar
  7. o acabar todo que ai que facer

    ResponderEliminar
  8. que ai que facer o acabar todo

    ResponderEliminar
  9. ¿como se sube ao blog??????????

    ResponderEliminar
  10. RUBEN NOVOA RIVERO
    SARA MARTINEZ GONZALEZ
    2ºA

    o programa demolo descargado pero non dimos feito a folla de calculo. o luns poderias volver a esplicarnolo de novo¿?

    ResponderEliminar
  11. MARIA PAZ Y GRUPO 2ºA

    NO NOS SALE LA HOJA DE PASAR LAS CALORIAS A JULIOS NOS PODRIA EXPLICR BREVEMENTE COMO SE HACE?

    ResponderEliminar
  12. Bueno, imos por partes. O que non vou facer é explicar todo de novo xa que iso implica que non prestáchedes a atención suficiente ou ben que non leíchedes todo o que escribín neste apartado. O que sí fago é responder a casos concreto, como é o caso da conversión de calorías a julios na folla de cálculo. Ben, supoño que todos tendes a aplicación pafa facelo, pois ben, tendes que ter claro primeiro a equivalencia, é decir, unha caloría son 4, 18 Julios e un julio son 0,24 calorías. Para facer a transformación tendes que INSERTAR NA CELDA ONDE SE AMOSARÁN O RESULTADO A FÓRMULA, por exemplo si queredes convertir as calorías en julios, supoño que escribo na columna B, calorías, e na columna C, julios. Esto o fago na primeira fila, enton a seguinte fila que me queda libre é a segunda. Ahora escribiría debaixo de julios o signo = seguido da celda onde vou a por o valor de entrada de calorías (B2) e a continuación o signo * (é a multiplicación) e o valor 4,18, é decir, en total na celda C2 tería que escribir =B2*4,18 ; deste xeito cada vez que escriba no sitio b2 un valor en calorías, automátivcamente en C2 apareceríame a conversión. Unha vez feito esto ides a copiar (ctrl+c) e pegados o valor de C2 ao longo da colummna C pois unhas 20 filas ou así. Supoño que con este exemplo vos queda claro o equivalente de conversión. No caso de pasar de xulios a calorías sería o mesmo que anteriormente pero en vez de por 4,18 teríades que por 0,24. Lembrade que unha vez rematado o traballo hai que envialo ao enderezo electrónico desta páxina en formato EXCEL.
    Sen mais, un saúdo a todos e sorte co traballo.

    ResponderEliminar
  13. DAVID FERNANDEZ 2ºB
    A ultima parte da practica a dos coellos
    xa nn lembro que habia que facer
    era unhas graficas de liñas pero os datos inventandos? eso de 15 entradas de informacion nn o entendo?
    podias aclarar mellor.
    moitas gracias. A nosa tutora Rosa Suarez dixonos que estabas de baixa e queriache preguntar que esta practica mandamosxa a ti pero libreta a quen lla entregamos e o libro que ai que ler?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Écris ce que tu veux

Publicacións populares deste blog

Las preguntas que me hicisteis sobre los taludes y plataformas continentales

Fósiles guía

Datación relativa