Prácticas de Ecoloxía de 2º ESO

Seguide as instruccións do debuxo. Utilizade o alcohol que tendes en casa para as feridas. Tendes que facer o montaxe na semana do 8-14 xa que o 15 observaremos en clase o voso montaxe mailas vosas capturas. Se tendes algunha dúbida escribide ao enderezo desta páxina.

Comentarios

  1. mmm.... que materias son necesarios??
    poderias facerme unha listaxe??
    grazas

    ResponderEliminar
  2. David 2ºB ESO
    nn se entende mu ben...
    que e unha tabla con unha bombilla, un embudo, ese cilindro que e?
    e tamen nn sei o lugar onde ten que estar o alcohol que e unha caixa?

    ResponderEliminar
  3. Os materiais necesarios son aqueles que che pemitan facer o montaxe do debuxo: un embudo, unha catulina ou cartón para facer o tubo, un colador(peneira ou similar grande) como "cedazo", para bombilla vale unha luz dun flexo, o frasquiño de alcohol con tapa e dentro da caixa (de zapatos, ou similar, con un burato feito por onde se pon o embudo...). Logo a instrucción máis importante e difícil: imaxinación, esmero e meticulosidade para facer o traballo. A mostra de chan é convinte que teña herba na parte superior e o volumen non maior que dous puños. Espero ter aclarado as vosas dúbidas. Vémonos o luns 16

    ResponderEliminar
  4. que se ten que utilizar??

    ResponderEliminar
  5. David Fernández 2ºB
    Entendido grazas

    ResponderEliminar
  6. onde teñen que quedar os insectos:
    no bote de alcol
    ou no "cedazo"

    ResponderEliminar
  7. Non te preocupes onde quedan os insectos do chan. Cando lles poñas a luz do flexo, como teñen fototropismo negativo escapan da luz e atravesan o colador/peneira (cedazo) e caen no frasco de alcohol. Con que deixedes unha noite, recolleredes bastante microfauna do chan. O luns veremos o que recolleu cada un así como o sistema que montáchedes.

    ResponderEliminar
  8. SARA MARTINEZ, 2ºA
    a luz do flexo ten que estar toda a noite encendida?

    para enseñarche a ti o traballo levamos todo ou solo os insectos?

    ResponderEliminar
  9. os insectos son os que estan na mostra de terra que poñemos verdade¿¿¿

    ResponderEliminar
  10. A luz do flexo debería estar toda a noite encendida, para asegurar o secado da mostra e que saian toda a microfauna da mostra de terra. Se non, si o facedes pola tarde, con que estea a mostra exposta unhas 5 horas é suficiente. As mostras biolóxicas procederán todas da terra que poñades.

    ResponderEliminar
  11. MARIA PAZ,2ºA
    hai mque levar todo ou solo os insectos?¿

    ResponderEliminar
  12. sara de novo, pero o frasquiño do alcol ten que estar cerrado coa tapa ou non?

    ResponderEliminar
  13. pero entón que hai que levar todo ou só os bichos?

    ResponderEliminar
  14. Non tes que traer todo, abonda con que traias os bichos. O que sí dixen, alomenos en dúas clases fora que, si lle poderíades sacar unha foto ao voso montaxe, incluíndo algunhas explicacións e envialas ao enderezo de correo desta páxina: sembioloxia.iescaxl@gmail.com
    Vémonos o luns.
    PD. Cando escribades, dado que vos deixo entrar no blog como anónimo sen estar rexistrados cunha conta, facede o favor de por todolos vosos datos; é dicir; nome completo e curso. Gracias.

    ResponderEliminar
  15. Ruben Novoa Rivero 2ºA

    entendido

    so ai un problema ou os bichiños non caeron ou son micromicroorganismos

    ResponderEliminar
  16. vale, pero despois de 12 horas só teño un bicho moi pequeno.

    ResponderEliminar
  17. podese levar a foto e enseñarcha en vez de mandala o correo que nos deches?¿

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Écris ce que tu veux

Publicacións populares deste blog

Las preguntas que me hicisteis sobre los taludes y plataformas continentales

Fósiles guía

Datación relativa